Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dorrio: "Toque de atención? Claro que escoitando a Carlos sabemos que nos van apertar"

Dorrio: "Toque de atención? Claro que escoitando a Carlos sabemos que nos van apertar"

O Rácing logrou un triunfo balsámico ante o Elxe, o primeiro da temporada

G24.gal 08/10/2024 16:02 Última actualización 08/10/2024 16:07

Hai máis tranquilidade por Ferrol, descargouse a mochila da presión. Tería algo que ver a chamada de atención de Carlos Mouriz a semana pasada? Así o entende Josué Dorrio.

"Toque de atención? Todos queremos gañar, claro que escoitando a Carlos sabemos que nos van apertar, tamén nós".

"O día do Albacete tamén queriamos, por querer non son as cousas".

O Rácing logrou un triunfo balsámico ante o Elxe, o primeiro da temporada.

"Era unha vitoria que necesitabamos para reforzar o traballo que viñamos facendo, mentalmente fai moito".

"Encadear varios resultados que non son bos vai minguando e unha vitoria necesitada, traballada que por fin se puido dar e na casa".

Malia o triunfo, o Rácing continúa en descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar