Publicador de contidos
Publicador de contidos

A G2 retransmitirá os partidos de Copa do Racing e o do Pontevedra

A G2 retransmitirá os partidos de Copa do Racing e o do Pontevedra

O Pontevedra-Levante será o 30 de outubro ás 20:00 e o Cuarte-Racing xogarase o xoves 31 ás 21:00

G24.gal 14/10/2024 20:32

A Televisión de Galicia, pola súa segunda canle -G2-, retransmitirá dous partidos da primeira eliminatoria da Copa do Rei. Serán as dúas eliminatorias con equipos de Segunda División. Nunha delas xogará o Racing de Ferrol no campo do Cuarte, equipo de Aragón que milita na 3.ª RFEF e perdeu o ascenso á 2.ª RFEF na quenda de penaltis. O encontro xogarase ás 21:00 horas do xoves 31 de outubro. Os ferroláns son os claros favoritos para superar a eliminatoria. 

O mércores, día 30, ás 20:00 estaremos en Pasarón para ofrecer o partido que xogan o Pontevedra e o Levante. O cadro granate, que loita por volver á 1.ª RFEF xogará ante outro equipo da Segunda División. Un duelo no que o favoritismo será para os visitantes pero no que os pontevedreses van ser capaces de presentar batalla, tal e como fixeron o ano pasado fronte ao Mallorca da Primeira División, ao que levaron ata o límite. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade