Dous anos de cadea por agredir o presunto amante da súa muller
Dous anos de cadea por agredir o presunto amante da súa muller
A Fiscalía pedía 4 anos e medio de prisión, pero quedaron en dous porque o acusado recoñeceu os feitos e chegou a un acordo co Ministerio Público
Condenado a dous anos de cadea un home que en 2018 agrediu o presunto amante da súa muller. Mesmo chegou a disparar contra o coche da vítima. Os feitos ocorreran no concello de Oímbra,
A Fiscalía pedía inicialmente catro anos e medio polos delitos de lesións, ameazas e danos, pero finalmente quedou reducida a dous anos, porque o acusado recoñeceu os feitos e chegou a un acordo co Ministerio Público. En principio non terá que ingresar na cadea, pero si pagar unha indemnización de algo máis de 7.000 euros polos danos psicolóxicos, físicos e na vivenda e mais no coche.
Polo visto, o acusado sospeitaba que a súa muller lle era infiel, espioulle o móbil e viu que tiña concertada unha cita co seu presunto amante, no campo de fútbol de Oímbra. Foi ata alí e efectuou varios disparos contra o coche da vítima. Este fuxiu e o outro foi detrás, perseguiuno e, cando o alcanzou, deulle unha malleira empregando mesmo unha barra de ferro.