Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous biólogos lideran en Sada un proxecto de agricultura rexenerativa

Dous biólogos lideran en Sada un proxecto de agricultura rexenerativa

En 4.800 m2 de terreo sementan plantas, árbores, flores e aromáticas procedentes de Asia ou América

G24.gal 27/05/2024 21:28 Última actualización 27/05/2024 21:44

Experimentan con cultivos de especies foráneas e exóticas procedentes de ecosistemas similares ao noso e investigan como se adaptan.

"Este é un lulo, é unha planta de Colombia e Perú que dá uns froitos que se están a desenvolver cos que se fan xeados e zumes", explica Óskar Martínez, cofundador do proxecto Leiriñas de Uz. 

Óskar e a súa muller Carmen comezaron co seu proxecto, Leiriñas de Uz, hai cinco anos. Nel traballan baixo técnicas de agricultura rexenerativa.

"Porque é fundamental que o solo estea san para as nosas plantas. Hai un artigo científico que se chama 'Solo san, para plantas sas, para humanos sans'. Para nós isto é fundamental, é a nosa filosofía", argumenta Carmen Gayoso, cofundadora de Leiriñas de Uz. 

Empregan biocidas e fertilizante propios. Nada de química. E a biodiversidade axuda a controlar as pragas. A explotación é autosuficiente. "Dotándonos da auga do pozo e da enerxía a través dos paneis solares", di Óskar.

En 4.800 m2 de terreo sementan plantas, árbores, flores e aromáticas procedentes de Asia ou América. Todas comestibles. E seguen a innovar.

"Estamos intentando iniciar un cultivo de cacahuetes para levalo despois a grande escala porque polo de agora é pouco terreo", engade Carmen. 

Enmarcado na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, o proxecto conta na actualidade con 500 especies en estudo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos