Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous de cada dez galegos presentaron xa a súa declaración da renda ante a Axencia Tributaria

Dous de cada dez galegos presentaron xa a súa declaración da renda ante a Axencia Tributaria

Os contribuintes optan cada vez máis polos medios telemáticos fronte a atención presencial

G24.gal 22/04/2022 14:38

Dous de cada dez contribuíntes galegos presentaron xa a súa declaración da renda, unha cifra semellante á de 2021.

A Axencia Tributaria abrirá a semana que vén o prazo para atención telefónica, unha opción que, xunto coa telemática, escollen cada vez máis cidadáns. O director da Axencia Tributaria fixo estas declaracións tras participar na reunión anual do Foro Económico de Galicia.

Este foro en que participan medio cento de expertos retoma a súa actividade tras a parada da pandemia para analizar os grandes retos da nosa comunidade, desde a reforma da administración ás infraestruturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade