Publicador de contidos
Publicador de contidos

Santiago Calvo: "O acordo con Mercosur beneficiará o sector do viño, da cervexa e do automóbil"

Santiago Calvo: "O acordo con Mercosur beneficiará o sector do viño, da cervexa e do automóbil"

 O economista explica que o acordo comercial entre a UE e os países latinoamericanos do Mercosur non equivale a libre comercio, senón a unha rebaixa dos aranceis en determinados produtos.

Santiago Calvo considérao unha ferramenta necesaria para combater as políticas proteccionaistas de Donald Trump.

G24.gal 22/12/2024 09:30

O acordo comercial entre os países do Mercosur e a UE segue no punto de mira das organizacións agrarias, que barallan novas protestas para 2025 ó entender que os produtos sudamericanos van poder entrar no mercado europeo con normas máis laxas.

  Se ben o sector primario terá que asumir os custos que supón este novo acordo, o economista Santiago Calvo dicía nunha entrevista na Radio Galega que será beneficioso en termos xerais para varios sectores galegos.

O sector do viño e da cervexa sairán beneficiados. Tamén o do automóbil porque en Galicia exportamos a América do Sur bens de gran valor engadido. No caso do automóbil as cifras roldan os 92 millóns de euros. Hai informes do Goberno que avalan o positivo deste acordo.

O economista matiza que o acordo con Mercosur non é un acordo de libre comercio como existe nos países da UE, senón que consiste nunha reducción importante de aranceis en determinados productos pero só ata un tope. Por exemplo, na carne de vacún, os aranceis baixan ata o 7,5% nas 90.000 primeiras toneladas pero despois desa cantidade seguirán sendo altos.

 É un acordo para comercializar entre dúas rexións, non é que haxa aranceis "cero" ou  libre circulación de mercadorías como pasa na Unión Europea.
Neste caso hai que cumrir con certos requisitos para importar e exportar e hai un límite de cantidades.


Santiago Calvo entende que os agricultores se queixen porque este acordo con Mercosur lles implica máis custes e algunha desvantaxe competeitva pero entende  é bo en termos xerais para tódolos sectores, xa que favorece os intercambios comerciais nun contexto no que o Donald Trump o vai poner difícil, ó aplicar políticas proteccionistas.

As políticas de Trump farán que adquirir insumos sexa caro e iso encarecerá tamén o custo do produto resultante, con independencia de onde se fabrique. O ideal é que haxa países que se especialicen en determinados produtos para poder ter relacións comerciais equilibradas.

O acordo con Mercosur aínda debe ser ratificado polo Consello Europeo e hai países que están radicalmente en contra, como son Francia, Polonia, os Países Baixos e Austria. No caso de que representen o 35% da poboación, o acordo pode virse abaixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade