Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous gardas civís fóra de servizo salvan a vida dunha muller que se atragoaba

Dous gardas civís fóra de servizo salvan a vida dunha muller que se atragoaba

O suceso produciuse durante un partido de fútbol en Moaña, no que a vítima, de 80 anos, comía unha empanadilla e esganouse

G24.gal 17/08/2022 15:46

Dous gardas civís fóra de servizo salváronlle a vida a unha espectadora durante un partido de fútbol en Moaña. A muller, de 80 anos, atragoárase cun anaco de empanadilla. Grazas á rápida intervención dos axentes, que lle realizaron a manobra de Heimlich, a muller logrou sobrevivir.

Antonio e Xosé Manuel, un axente da Comandancia de Pontevedra e outro do destacamento de Tráfico de Vilaboa, coñecéronse o sábado durante o partido de fútbol que enfrontaba os equipos en que militan os seus fillos.

No descanso, unha muller de 80 anos que estaba ao seu carón e á que Xosé Manuel coñece, atragoouse mentres comía unha empanadilla. Cando se decataron de que estaba en apuros, non dubidaron en auxiliala.

Cando lograron reanimar a muller, os axentes aínda tiveron que atender o home, que se esvaeceu pola tensión sufrida neses minutos de angustia. As súas facianas ao narralo reflicten aínda a satisfacción e a ledicia do deber cumprido e de que a súa intervención foi vital para Elisa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade