Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous incendios en Tarragona queiman máis de cen hectáreas de monte

Dous incendios en Tarragona queiman máis de cen hectáreas de monte

Os lumes ameazan o Parque Natural do Montsant

O máis pequeno quedou xa estabilizado; na extinción do grande traballan 200 efectivos de bombeiros

G24.gal 13/09/2024 13:18 Última actualización 13/09/2024 13:28

Continúan activos os dous incendios forestais que ameazan o Parque Natural do Montsant, na provincia de Tarragona, onde arderon máis de cen hectáreas. O incendio máis pequeno quedou xa estabilizado e os bombeiros da Generalitat agardan poder facer o mesmo durante a xornada co incendio máis grande.

Os dous incendios que afectan á comarca tarraconense de El Priorat comezaron case simultaneamente nas proximidades do Parque Natural do Monsant e cunha distancia de dez quilómetros entre eles.

Segundo os bombeiros da Generalitat, foron provocados por incidencias no tendido eléctrico.
O máis pequeno, que queimou algo máis de 20 hectáreas no concello de Porrera, quedou xa confinado dentro dun perímetro de tres quilómetros.

Máis importante é o incendio que continúa activo no concello de Cabacés, onde arderon máis de cen hectáreas.

Case douscentos bombeiros, co apoio de 26 vehículos de auga, traballan na súa extinción, que se ve dificultada polo vento.  

“Incorporáronse os medios aéreos ás oito e media desta mañá e irán aumentando paulatinamente co obxectivo de intentar ao longo desta xornada dar o incendio por estabilizado”.

O fume desprendido polo lume obrigou a confinar os 300 veciños de Cabacés e unha estrada local permanece pechada. Nas últimas horas, os 1.400 domicilios desta bisbarra do sur de Cataluña que quedaron sen luz xa recuperaron a subministración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade