Dous irmáns de Carnota sortean unha cesta de Nadal de 120.000 euros

Inclúe dous coches, un lingote de ouro e 300 décimos para o Gordo

O número ten que coincidir co premiado no sorteo da Lotería Nacional do 16 de decembro

G24.gal 22/11/2023 21:21 Última actualización 22/11/2023 21:34

Dous irmáns de Carnota decidiron levar máis alá o concepto de cesta de Nadal, así que xuntaron un lote valorado en 120.000 euros. Consta de trece premios, incluídos dous coches, un lingote de ouro, viaxes e 300 décimos dun mesmo número para o sorteo do Gordo. Pódelle tocar todo iso a un único gañador por unha participación de seis euros.

Contan que no sur de España levan tempo ofrecendo cestas así de grandes. Agora, estes emprendedores teñen a ambición de convertelo en costume tamén aquí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar