Publicador de contidos
Publicador de contidos

Boca do Río, a praia mellor valorada de Galicia e a quinta de España

Boca do Río, a praia mellor valorada de Galicia e a quinta de España

Os usuarios de Google valoran que sexa salvaxe, tranquila, a auga cristalina e os sete quilómetros para pasear

Outra praia, a do Vilar en Ribeira, tamén recibe unha valoración de 4,8 sobre cinco, pero con menos valoracións, o que a sitúa en segundo lugar 

G24.gal 30/07/2024 14:28

Vista panorámica dende o alto das Paxareiras, como aperitivo á chegada a Boca do Río. Raquel vén a tiro fixo, guiada polos comentarios de Google.

"Lin que estas praias son salvaxes, que non teñen servizos, son moi longas e, polo tanto, non vas atopar moita xente. Vas estar tranquila. Podes pasear"

Segundo un informe, a praia de Carnota e, en concreto, Boca do Río é o areal de Galicia con mellor valoración na aplicación e a quinta de toda España. Que desperta tanto interese? Opinan os propios bañistas.

"É unha praia tranquila, é mar aberto e respírase diferente ás praias nas que hai moitísima xente"

" A auga está limpa e cristalina. Non entendo como a xente marcha ao Caribe, tendo isto aquí. A area é branca e a cantidade de espazo para camiñar e todo. É natureza pura"

Os atrativos están á vista, pero o conto xa cambiou e o mar de ardora do verán pasado puxo a guinda na masificación. Cóntao un madrileño asentado no Pindo dende hai 20 anos.

"Coñecín esta praia de Boca do Río nun estado bastante máis natural que non o depauperado que está agora. Esta zona empezouse a masificar, evidentemente polo boca a boca pero é obvio que se está estragando a natureza"

As praias destacan como principal reclamo no verán, pero en xeral, Galicia, medra ano a ano como destino dos que foxen de masificacións. En vilas, a mellor valorada é Redes como exemplo de vila pesqueira.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar