Publicador de contidos
Publicador de contidos

Soben a carto os mortos ao derrubarse un edificio en Marsella

Soben a carto os mortos ao derrubarse un edificio en Marsella

A principal hipótese é unha explosión por unha fuga de gas

Desaloxaron ata 32 inmobles da zona, por seguridade, e hai algo máis de 160 evacuados

Os servizos de rescate buscan oito persoas desaparecidas entre os cascallos Os servizos de rescate buscan oito persoas desaparecidas entre os cascallos
G24.gal 10/04/2023 09:53

Os equipos de emerxencias recuperaron outros dous cadáveres entre os entullos do edificio que se derrubou na cidade francesa de Marsella, o que aumenta o balance de falecidos confirmados a catro, mentres que outras catro persoas seguen desaparecidas.

"A procura desenvólvese con prudencia porque a esperanza de atopar sobreviventes aínda está presente. Os bombeiros levan a cabo un traballo extremadamente minucioso. É un traballo longo, difícil", afirmou o secretario de Estado de Vivenda francés, Olivier Klein.

A derruba afectou inicialmente a 33 veciños, dos que 6 tiveron que ser trasladados ao hospital. Cinco atopábanse en estado de "gravidade relativa", e outra persoa de idade avanzada tivo que ser ingresada en estado de shock.

Posteriormente, a necesidade de desaloxar ata 32 inmobles da zona, por seguridade, deixou algo máis de 160 evacuados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade