Dúas persoas hospitalizadas en Vigo por mor dun incendio nun piso
Dúas persoas hospitalizadas en Vigo por mor dun incendio nun piso
O incendio, segundo informou este venres o 112 Galicia, sucedeu ás once da noite nunha vivenda situada na rúa Brasil
Dúas persoas foron trasladadas ao hospital onte á noite en Vigo por mor dun incendio nun piso da localidade que calcinou por completo unha habitación e causou danos en todo a vivenda por efecto do fume.
As lapas orixináronse nun cuarto do segundo andar, e colleron tal forza que saíron pola fiestra acadando andares superiores.
Ese cuarto quedou completamente calcinado e o resto do piso sufriu danos polo fume e a calor. Sucedeu no centro de Vigo, na rúa Brasil, sobre as once da noite pasada.
Foron varios veciños os que alertaron os servizos de emerxencias e mesmo un dos inquilinos da vivenda relataba que escoitara unha explosión.
Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital e varios veciños, coa axuda da Policía Local, abandonaron o edificio mentres os bombeiros procedían á extinción do lume. Uns traballos que se prolongaron durante unhas dúas horas.
Grazas a estas comunicacións activáronse os correspondentes protocolos de xestión para a mobilización dos Bombeiros de Vigo e dos axentes da Policía Local.