Cargando resultados...
Durísimo primeiro día de Dakar con caída de Edu Iglesias
Durísimo primeiro día de Dakar con caída de Edu Iglesias
Óscar Fuertes e Diego Vallejo están a unha hora e vinte e cinco minutos no posto 32
G24.gal
02/01/2022 21:38
E a primeira etapa seria do Dakar foi unha auténtica escachiza por culpa do treito entre o quilómetro 240 e o 280.
Aí perdeuse unha manchea de favoritos, entre eles Carlos Sainz e Joan Barreda. Non chegou ata alí Peterhansel, que tivo que abandonar por un problema no eixe traseiro. Nasser Al-attiyah e Loeb foron dos poucos que non se perderon, e son os dous primeiros.
Óscar Fuertes e Diego Vallejo están a unha hora e vinte e cinco minutos no posto 32. Carlos Sainz aparece a máis de dúas horas.
Nas motos o líder é o australiano Daniel Sanders. Barreda está a 41 minutos, e o galego Eduardo Iglesias está xa a catro horas na xeral, logo dunha caída.