Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre o piloto catalán Carles Falcón vítima dun accidente no Dakar

Morre o piloto catalán Carles Falcón vítima dun accidente no Dakar

Sufriu unha caída moi grave na segunda etapa e non puido superar as lesións

G24.gal 15/01/2024 17:10

O piloto catalán Carles Falcón faleceu este luns como consecuencia das feridas sufridas o pasado domingo ao caer na segunda etapa do Dakar, unha caída pola que tivo que ser reanimado polos servizos médicos da proba logo de perder o pulso. 

O equipo Twin Train Rácing explicou nun comunicado que os danos neurolóxicos causados polo paro cardiorrespiratorio no momento do accidente eran "irreversibles" despois de que o piloto sufrira un edema cerebral e que fracturara a vértebra C2 na caída. Tamén tiña danos nas costelas, pulso esquerdo e clavícula. 

Falcón estivo nun hospital de Riad desde o luns día 8 e foi enviado a España o pasado venres nun avión medicalizado. Atopábase ingresado na UCI desde entón en estado crítico e acabou morrendo como consecuencia da caída. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar