O galego Fran Gómez Pallas gaña a prólogo do Dakar na categoría de vehículos sostibles
O galego Fran Gómez Pallas gaña a prólogo do Dakar na categoría de vehículos sostibles
Comezou o Dakar, a proba de motor máis famosa do mundo deu comezo no deserto de Arabia. Foron 28 quilómetros cronometrados e haberá que agardar á xornada deste sábado para ver a primeira grande etapa.
O galego Fran Gómez Pallas foi un dos gañadores da xornada ao lograr o mellor tempo na categoría de vehículos sostibles. O carballés compite cunha moto eléctrica e, malia ser unha especialidade minoritaria, deixouno moi ledo e con boas sensacións.
Nas categorías raíñas houbo triunfo español en motos. Vitoria para o valenciano Tosha Schareina na súa estrea con Honda. O galego Edu Iglesias non quixo arriscar despois do accidente do ano pasado e rematou no posto 127º. O debutante Javier Campos estivo nos seus tempos e rematou na praza 135.
En coches os grandes favoritos víronse sorprendidos por Mattias Ekstrom que foi o máis rápido. Ricardo Ramilo rematou a proba no posto 107.
O Dakar afronta a primeira etapa entre Al Ula e Al Henakiyah de 532 quilómetros dos cales 405 serán cronometrados.