Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fran Alonso aposta pola salvación do Deportivo Abanca

Fran Alonso aposta pola salvación do Deportivo Abanca

O equipo coñeceu que a Real Sociedade será o seu rival na terceira rolda da Copa da Raíña

G24.gal 26/11/2024 15:38

Fran Alonso faise cargo do Deportivo tras a destitución de Irene Ferreras e coñeceu o seu novo equipo do que se desfixo en eloxios. O novo técnico prioriza o obxectivo da salvación empezando a gañar partidos e despois, xa se verá.

Alonso chega á Coruña con dúas copas da Liga e dúas copas de Escocia conseguidas no Celtic de Glasgow, e unha proposta clara de fútbol. O novo técnico do Dépor feminino acolleuse ás cláusulas de confidencialidade para explicar a súa saída do Houston Dash da liga americana, o seu último equipo.

Por certo, un dos primeiros partidos que dirixirá será o de terceira rolda da Copa da Raíña a mediados do mes de decembro. Este martes o Deportivo Abanca soubo que a Real Sociedade será o seu rival. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade