Publicador de contidos
Publicador de contidos

Últimos días para os envíos especiais de castañas a través de Correos

Últimos días para os envíos especiais de castañas a través de Correos

Ten un prezo único de 15 euros por caixa e envíanse a toda a península

Levan enviadas no que vai de campaña máis de 2,2 toneladas de castañas

G24.gal 26/11/2024 14:30

María Pilar achégase ata esta oficina de Correos de Chantada para facer un envío, pero desta volta non son cartas, son castañas.

"Castañas para Sevilla, son as últimas xa. Normalmente eu mando para Madrid, Barcelona e Sevilla. Estas son ecolóxicas e sempre lles gustan estas de aquí de Galicia", relata María Pilar Rodríguez, usuario do servizo.

Ata finais de novembro segue activa a campaña especial de Correos, con prezos reducidos para enviar castañas a calquera punto da península.

"Custa 15 euros e non vai por peso, dá igual o que pese mentres peche a caixa, cando ao longo do ano esta tarifa plana custa case 20 euros", explica a directora da oficina de Correos de Chantada, Graciel Ledo.

Os envíos contan con seguimento e mesmo cun seguro especial e, ao tratarse dun produto de alimentación, os envíos realízanse con urxencia.

"Xeralmente chega ao día seguinte, como moito aos dous días".

Dende que comezou a temporada enviáronse xa máis de 2 toneladas de castañas. A principal recomendación é que vaian ben secas e nunha bolsa de rede.

"Están encantadísimos, non paran de saír caixas de castañas a diario, é unha campaña moi boa. Algún día temos carros con 30 caixas de castañas, o que pasa é que agora xa se están acabando".

Participan nesta iniciativa 20 oficinais postais galegas, pero, ademais, neses concellos os interesados tamén poden xestionar os seus envíos dende a súa casa a través dos carteiros rurais.

Facilidades e prezos reducidos para que todos poidan celebrar un bo magosto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos