Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retiran os caixeiros automáticos de Correos que usaban veciños do rural para sacar cartos

Retiran os caixeiros automáticos de Correos que usaban veciños do rural para sacar cartos

Hai dous anos Correos levou a varias vilas do rural estes caixeiros automáticos, unha iniciativa do Goberno que se puxo en marcha en 80 localidades de toda España para cubrir o baleiro que deixou o peche das oficinas bancarias

Desde hai uns días, o servizo xa non funciona, retiraron os caixeiros, obrigando os veciños a desprazarse

G24.gal 10/04/2025 14:04

En febreiro de 2022 un veciño de Cenlle sacaba cartos do novo caixeiro de Correos. Era o primeiro en facelo. Hoxe no lugar que ocupaba só queda o cartel. "Facía moito servizo, viña xente doutros lugares", explica Manuel Losada, tesoureiro da Asociación de Veciños.

Agora non teñen caixeiro nin oficina bancaria e se queren sacar cartos non lles queda outra que coller o coche e desprazarse quince quilómetros. "Hai moita xente maior que non ten coche e ten que depender doutros para ir sacar cartos, o caixeiro failles moita falta", explica unha muller.

Poden solicitar cartos en efectivo na oficina de Correos, pero a entrega non é inmediata. "Consultamos con Correos e ten que ser dun día para outro", engade Manuel Losada.

Retiraron o de Cenlle, pero tamén o de Cortegada e Samos. "O caixeiro tiña que volver e de forma urxente, vén moita xente non só do lugar, senón tamén doutros, sacar cartos", reclama un home.

Foran estas tres as localidades galegas incluídas na rede de caixeiros de Correos, posta en marcha polo Goberno para paliar a exclusión financeira do rural. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade