Publicador de contidos
Publicador de contidos

Echegoyen roza a medalla de bronce no Mundial de 49er FX

Echegoyen roza a medalla de bronce no Mundial de 49er FX

A falta da Medal Race, sácalle 24 puntos ao barco polaco

A viguesa Patricia Suárez tamén chega con opcións de estar entre as catro mellores do mundo

G24.gal 04/09/2022 20:30

Támara Echegoyen, a carón de Paula Barceló, realizou unha gran penúltima xornada do Mundial na clase 49er FX e consolidou o terceiro posto na clasificación xeral que as achega moito ás medallas. A falta da Medal Race a parella española ten un balance neto de 104 puntos polos 128 das polacas, que están na cuarta praza. 

Inaccesibles para o barco de Echegoyen son as suecas Bobeck-Netzler, prata, e as regatistas dos Países Baixos Duetz-Van Aanholt, líderes con só 59 puntos. 

Nesta xornada o barco de Echegoyen non estivo a boa altura na primeira das regatas pero nas tres seguintes acumulou dous quintos e un sétimo posto. Grandes resultados que axudaron a consolidar a posición de privilexio. 

A viguesa Patricia Suárez, que compite a carón de María Cantero, tamén está a facer un gran campionato. Ocupa a oitava posición pero a só catro puntos do cuarto posto, unha pelexa que se vai decidir nesa última regata que puntúa dobre. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos