Publicador de contidos
Publicador de contidos

Edmundo Bal anuncia a súa candidatura para disputar o liderado de Ciudadanos

Edmundo Bal anuncia a súa candidatura para disputar o liderado de Ciudadanos

O voceiro da formación laranxa no Congreso asegurou que "non vai contra Inés Arrimadas", xa que segundo o novo esquema de refundación unha persoa ocupará a dirección orgánica e outra encabezará a candidatura electoral

G24.gal 02/12/2022 13:37

O vicesecretario xeral de Ciudadanos e portavoz adxunto no Congreso Edmundo Bal anunciou este venres a súa intención de presentar a súa candidatura para liderar o partido laranxa.  

Ciudadanos celebrará as súas eleccións primarias a principios do próximo mes de xaneiro. Conforme aos documentos de refundación aprobados pola dirección do partido, apostará por un modelo de bicefalia cunha persoa encargada exclusivamente da Secretaría Xeral para levar as rendas da organización e outra distinta, que será o seu cartel electoral

Bal anunciou a súa candidatura aos medios de comunicación no Congreso, coincidindo co primeiro día de Portas Abertas na Cámara Baixa, e sinalou que non vai contra Inés Arrimadas, que podería presentarse máis adiante para ser candidata de Ciudadanos ás eleccións xerais e nela recaer a responsabilidade da acción política.

Nas súas declaracións, Bal incidiu en que falou con Arrimadas que "si cabería" no seu proxecto e insistiu en liderar a refundación de Ciudadanos "xunto aos seus militantes".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar