Publicador de contidos
Publicador de contidos

Elaboran en Chantada o único doce de leite de España con leite fresco

Elaboran en Chantada o único doce de leite de España con leite fresco

Venden 35 toneladas anuais do produto a empresas e consumidores finais

O obxectivo é crear valor engadido para a súa produción leiteira

G24.gal 02/11/2022 20:15

De 90 vacas sae o leite co que se fabrica o doce. A única empresa en España que usa o leite fresco para a elaboración está en Galicia.

O seu propietario decidiu lanzarse ao mercado para crear un valor engadido que as grandes industrias non achegan ás granxas.

E fíxoo coa idea de elaborar un produto moi diferente do que xa existe nos lineais, como son queixos ou iogures.

De momento xa están vendendo 35 toneladas anuais do seu doce de leite e teñen nas fábricas de xeados numerosos clientes.

O doce leva un 80 % de leite e un 20 % de azucre. O resto do proceso de elaboración é un segredo ben gardado.

Malia ser un produto ata agora pouco coñecido en Galicia, está a ter éxito tanto para consumo en cru como para acompañar e preparar sobremesas ou mesmo como substituto do mel e o azucre.

Nesta granxa xa teñen en mente introducir no mercado novos produtos derivados do leite e animan a outras granxas a daren o paso cara á elaboración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade