Publicador de contidos
Publicador de contidos

Orbán, vencedor das eleccións lexislativas de Hungría

Orbán, vencedor das eleccións lexislativas de Hungría

A formación do primeiro ministro lidera con claridade o reconto dos votos co 54 %

Víktor Orbán asegura o seu cuarto mandato consecutivo por unha ampla vantaxe

Os colexios electorais abriron a primeira hora Os colexios electorais abriron a primeira hora
G24.gal 03/04/2022 10:07 Última actualización 23:38 04/04/2022

O primeiro ministro de Hungría, Viktor Orbán, declarouse vencedor das lexislativas celebradas este domingo, nas que logra o seu cuarto mandato consecutivo cunha ampla vantaxe sobre a oposición.

Tras o 71 % dos votos escrutados dixo: "Logramos unha enorme vitoria".

A formación do primeiro ministro, o Fidessz, lidera con claridade, cun 54 % dos votos, o reconto das eleccións lexislativas húngaras.

Referendo

A cidadanía húngara votou tamén este domingo en referendo o futuro dunha lei que o Goberno impulsou para loitar contra os abusos a menores pero rematou vinculando a homosexualidade coa pederastia.

A súa aprobación provocou que a Unión Europea abrira un procedemento de infracción contra Hungría, ao considerala homófoba, discriminatoria e contraria aos valores comunitarios. O Goberno acusa a Bruxelas de tentar divulgar "ideas sobre cambio de sexo ou sexualidade nos colexios".

Para que o referendo sexa válido esíxese unha participación mínima do 50 %, aínda que a súa invalidez non significa que a lei (xa en vigor) se deixe de aplicar.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade