Elimínase a esixencia do certificado da covid para acceder á hostalería
Elimínase a esixencia do certificado da covid para acceder á hostalería
O sector cuestionaba a eficacia da medida e pedía a súa retirada
A obrigatoriedade de presentar o certificado covid para acceder a bares e a cafeterías durante todo o horario de apertura foi unha das normas que introduciu a Xunta para afrontar o Nadal e as primeiras semanas do ano nun momento de explosión de casos de coronavirus e de avance imparable da variante ómicron.
Daquela a medida conseguiu a autorización do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que tamén avalou ata dúas prórrogas -a última vez hai dúas semanas-, xa cun malestar evidente no sector, que levaba un tempo reclamando o que por fin chegou hoxe: a esixencia do pasaporte da covid desaparece da hostalería.
Os hostaleiros cuestionan a eficacia da medida. Agora, a única restrición vixente limita a dez o número de persoas por mesa nos interiores e a vinte nas terrazas.