Publicador de contidos
Publicador de contidos

Emoción ata o último segundo na vitoria do Cangas sobre o Cisne

Emoción ata o último segundo na vitoria do Cangas sobre o Cisne

O Frigoríficos levou a Supercopa de Galicia cun 35-34 e o Cisne tivo unha última xogada para empatar

G24.gal 28/08/2022 20:38

O Cangas Frigoríficos do Morrazo levou a Supercopa de Galicia no primeiro derbi da temporada co outro equipo galego da Asobal, o Dicsa Modular Cisne. O partido tivo emoción ata o último segundo porque os pontevedreses tiveron un tiro no último segundo para empatar (35-34). 

Comezou o Cangas por diante cun 3-0 pero, nun ritmo ofensivo de vertixe, o Cisne remontou e colleu o mando do encontro ata ter unha máxima vantaxe de tres goles (14-17). Ao comezo do segundo tempo repetiu esa marxe (23-26), momento no que comezou a remonta dos do Gatañal. 

Grazas a un parcial de 4-1 parecía ter encamiñado o título (30-28) pero o Cisne nunca desistiu, conseguiu poñerse a un gol e tivo no último segundo unha gran opción de empatar o encontro. O lalinense Brais, con 7 goles, foi o máis destacado do partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar