Empoderar os propietarios, por Venancio Salcines
OPINIÓN
Empoderar os propietarios, por Venancio Salcines
España non ten vivendas, pero ten preto de catro millóns baleiras. Galicia, o mesmo, pero ten medio millón delas baleiras. Certo que soamente o trinta por cento están aptas, pero esta porcentaxe son cento cincuenta mil, unha cantidade máis que suficiente para solucionar todos os nosos problemas. E as nosas cidades? A Coruña preto de vinte mil, Ferrol oito mil, e Santiago un pouco mais, unhas dez mil.
É evidente que non temos un problema de vivenda, témolo de oferta. Casas temos o que non temos son persoas que as queiran alugar. Este é o problema, se o queremos ver, ben. Podemos xogar a populismos, é unha opción, pan para hoxe e fame para mañá. As promesas baleiras xa non teñen percorrido. España no seu conxunto require solucións e estas non pasan por cumprir a lei de vivenda. O que temos que facer con ela, e derrógala e crear unha que de verdade entenda a lei da oferta e da vivenda. Unha que atraia ós propietarios para que as saquen o mercado, que empoderen o propietario. Non hai outra.
A decisión da ministra de castigar sen financiamento ás autonomías que non aplican o seu marco legal é un acto de forza que non vai a ningures. As súas propostas non teñen capacidade de cambio, ao contrario, posiblemente se empeora un mercado que xa de por si está francamente mal.