Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empresas de transporte galegas deciden romper as relacións comerciais co Reino Unido

Empresas de transporte galegas deciden romper as relacións comerciais co Reino Unido

A fuga de transportistas vense dando dende a entrada en vigor do 'brexit'

O motivo: os longos e complexos trámites burocráticos que lles esixen cada vez que entran ou saen do país

G24.gal 18/04/2022 13:35

O caos volvía ao porto de Dover, principal nó de transporte entre O Reino Unido e Europa. Milleiros de transportistas atrapados durante días en ringleiras infinitas. Repetíase a mesma imaxe de decembro de 2020. Unha situación que precipitou a decisión de moitas empresas de romper as rutas comerciais co país.

"Inglaterra agora mesmo é un país moi complicado para exportar polos requisitos que pide tanto veterinarios, coma documentais. Os camións teñen que pedir un número de autorización para entrar e saír do país", explica Antonio Fernández, vicepresidente de Fetram.

Demasiados requisitos burocráticos que atrasan as entregas e encarecen as viaxes. Unha ruta que antes se completaba nunha semana agora non baixa dos dez días. 

"Os nosos condutores néganse a ir ao Reino Unido polas trabas que lles poñen e as esperas nos portos", engaden desde a Fetram.

A súa decisión é un duro revés para as comercializadoras, que buscan outros medios para colocar os seus produtos no país. "Pagando máis ou por outro medio de transporte, pero intentarán seguir vendendo alí, é un mercado estratéxico para eles", asegura Antonio Fernández. 

Desde a entrada en vigor do 'brexit' a metade das empresas de transporte que operaban co Reino Unido deixaron de facelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade