España resolve con claridade ante Croacia (3-0)
España resolve con claridade ante Croacia (3-0)
Estrea con resultado contundente para os de De la Fuente
España quería gañar e convencer, e iso viuse dende o primeiro minuto, xa que o combinado español entrou mellor ao partido, combinando mellor e encontrando sempre ao home libre en calquera sitio do campo. Pero diante non estaba un calquera, estaba unha selección croata cunha xeración que sempre compite ben e chega lonxe nos campionatos internacionais. Croacia comezou a meter presión máis arriba e logrou arrebatarlle o balón a España, pero esta selección ten moita calidade.
Balón filtrado cara a Morata, que define moi ben con perna esquerda para poñer o 1-0 no marcador, apenas un minuto despois Fabián fixo dous caneos dentro da área e logrou un gran gol para poñer unha distancia considerable no marcador. Pese aos dous mazazos Croacia soubo repoñerse e estivo a piques de meter un gol en varias ocasións, pero xa chegando ao descanso Lamine Yamal puxo un centro con música que Carvajal empurrou a gol e colocou o 3-0 antes de chegar ao tempo de lecer.
Na segunda metade España tentou calmar o partido e que pasara o menos posible, pero o equipo Croata non quería marchar sen dar pelexa, e tivo un par de ocasións claras. Pero a máis clara foi unha que acabou no fondo das redes e foi anulada. Penalti de Rodri tras un erro na saída de Unai Simón, Unai para o penalti, o balón chégalle a Perisic que pon un pase da morte a Petkovic, que errou o penalti, e remata a porta baleira. O árbitro botou man a orella e anulou o tanto que podía meter a Croacia no partido, porque Perisic entrou antes na área. Últimos minutos cómodos para España que non pode comezar mellor a Eurocopa.
Minuto a minuto
Moi boas tardes a todos/as! Todo encamiñado para que a selección española debute na Eurocopa 2024. Ás 18:00, no Olimpyastadion de Berlín, terá lugar este duelo entre España e Croacia. Será tamén o primeiro partido do Grupo B, do cal tamén forman parte Italia e Albania.
Xa temos onces de ambos equipos. Por España, Luis de La Fuente sorprende coa aliñación de Cucurella no lateral esquerdo, no que parecía ter máis opcións Grimaldo. Polo resto, o once é o agardado por todos coa inclusión de Nacho no centro da defensa en detrimento de Laporte, como xa comentara o propio seleccionador na conferencia de prensa de onte.
Y si te gusta el 𝗢𝗡𝗖𝗘 de la @SEFutbol como siempre, en una imagen y colocaditos en el campo, pues aquí lo tienes.
— Selección Española Masculina de Fútbol (@SEFutbol) June 15, 2024
😜 (Hemos hecho una versión más guay aún).#VamosEspaña | #EURO2024 pic.twitter.com/TB4fOcY4bg
Polo lado croata tamén coñecemos xa o once inicial. Nun principio saen os balcánicos co agardado, co seu capitanísimo Luka Modric comandando a medular e na meta un dos porteiros revelación do último mundial, Livakovic.
Here it is! #Croatia starting lineup for the first #EURO2024 challenge! 🌟 #ESPCRO #Family #PokažiSrce #Vatreni❤️🔥 pic.twitter.com/I90HnKfnXk
— HNS (@HNS_CFF) June 15, 2024
Grande ambiente nas proximidades do Olimpyastadion de Berlín. Polo de agora chéganos que existe unha maioría de croatas que de españois, o que se acaba de demostrar cos asubíos que recibiron os de De La Fuente ao saltar ao campo. O estadio comeza a encherse de bandeiras, bufandas, camisolas...
Un dos xogadores máis destacados no día de hoxe é o talento precoz do F. C. Barcelona, Lamine Yamal. O extremo dereito vaise converter no xogador máis novo en xogar unha Eurocopa, con soamente 16 anos e 11 meses. Polo outro lado do ataque tamén terá lugar outra bala ofensiva para De la Fuente, Nico Williams. O atacante vasco de 21 anos debuta tamén nunha Eurocopa tras unha temporada na que foi imprescindible na clasificación europea do Athletic Club de Bilbao e na consecución da Copa do Rei.
🇪🇸 Lamine Yamal??👈 Nico Williams#EURO2024 | #ESPCRO pic.twitter.com/SXWoTUSjBn
— UEFA.com en español (@UEFAcom_es) June 15, 2024
O partido está cheo de reencontros entre compañeiros actuais. Un deles é o que terán todos os xogadores con Luka Modric ou, no caso de Carvajal e Nacho, tamén co ex-madridista Kovacic. Está tamén o caso particular de Dani Olmo, que na súa etapa como canteirán culé viaxou a Croacia para xogar no Dinamo de Zagreb e, como el mesmo confesa, está moi vencellado a ela. Dende o país balcánico fálase con orgullo do seu caso como un exemplo dun xogador estranxeiro que conseguiu un impulso na súa traxectoria despois de xogar na liga croata.
??🇷🤗🇪🇸 #ESPCRO #EURO2024 #Family #Vatreni❤️🔥 pic.twitter.com/eTCn89chuU
— HNS (@HNS_CFF) June 15, 2024
O último partido entre España e Croacia foi a final de Nations League na que venceu España en penaltis. Daquel partido repiten 5 xogadores no cadro ibérico: Unai, Le Normand, Rodri, Fabián e Morata e, no cadro balcánico, seis: Livakovic, Sutalo, Modric, Kovacic, Brozovic e Kramaric.
O capitán croata chega tras conquistar a súa sexta Champions. É titular neste partido con 38 anos e tras unha tempada enteira no Real Madrid na que os seus minutos foron a menos, pero que coa súa selección segue a ser un imprescindible.
O encargado de asubiar o partido será o inglés Michael Oliver, un dos colexiados mellor valorados no panorama internacional. O seu pasado con ambas seleccións remóntase a fai tres anos no caso de España, cando dirixiu aquel Suiza-España no 2021 e no caso de Croacia a 2022, naquel Croacia-Brasil de cuartos de final do mundial que rematou en penaltis.
Xogadores xa nos vestiarios ultimando os detalles finais para dar comezo ao partido. Haberá unha pequena cerimonia previa para inaugurar o primeiro partido nesta sede. As gradas están cada vez máis ateigadas, pero aínda queda xente por entrar debido a atascos e colas nos accesos ao estadio.
Saltan os protagonistas ao campo! A piques de comezar o primeiro partido da selección española nesta Eurocopa, capitaneada por Álvaro Morata e vestindo o seu conxunto tradicional.
COMEZOU O PARTIDO! PRIMEIRO BALÓN PARA CROACIA!
Primeiro minuto de monólogo español, os guións están claros. España quere dominar o esférico e Croacia semella non sentirse incómoda sen el, buscando a súa para saír ao espazo.
Ten o balón agora Croacia que o move de lado a lado no seu campo. Tampouco lle queima o esférico nos pés aos balcánicos, que non xogan polo de agora excesivamente directo.
Primeira pegada na área rival para España. Xogada pola banda dereita que remato rabuñando Pedri e deixando para un Fabián que filtrou un pase raso ao que non chegou ninguén. Se chega a tirar o xogador do PSG estaba en moi boa posición.
Primeiros minutos con moita concentración para España que está buscando entrar polos dous laterais. Nas súas primeiras accións o mozo Lamine Yamal xerou perigo e esta última rematou nun tiro de Morata que atrapou con facilidade o meta croata.
España moi seria neste comezo de partido. Rouba agora balón tras unha gran presión tras perda e segue a monopolizar o dominio do balón. Para marcar as diferenzas co equipo do último mundial esta selección semella ter máis ritmo e verticalidade, madurando menos as xogadas.
Falta de España que non atopa rematador. Polo de agora o xogo transcorre unicamente en campo croata, que non tivo aínda ningunha saída en campo contrario destacable.
Roubo de balón de Rodrigo practicamente na área rival que non foi quen de rematar Pedri. Moi boa presión de España ante a cal quizais teña que cambiar algo Croacia na súa saída. Primeiros minutos onde retén o balón con continuidade a selección balcánica.
Que mágoa Lamine Yamal que esvarou nunha xogada bastante clara tras un pase de Pedri. Outra recuperación clara de Cucurella cunha Croacia que segue cometendo erros. Na seguinte acción tivo que saír Unai Simón a un balón longo que despexou sen complicacións.
Falta agora para Croacia preto da área española. Empurrou Cucurella a Majer cando se metía cara dentro e ocasión clara para os balcánicos.
A falta anterior foi rechazada con facilidade pola defensa española. Volve a facerse co balón o conxunto de De la Fuente que ten ante si un partido máis igualado do que comezou.
Minutos de dominio para Croacia, que se ben non xera perigo, retén o balón e incomoda á selección española. España xa non adianta tanto a presión e agarda un pouco máis atrás. Intentaba filtrar Budimir pero atallou con facilidade Unai Simón, polo de agora sen complicacións.
A afección croata vénse arriba coa súa selección, que está a levar a batuta do partido nestes últimos minutos. España non está para nada cómoda e non consegue facerse co balón. Camiño dos vinte e cinco minutos de fútbol sen ningunha ocasión de gol clara para ningún dos conxuntos.
Minuto vintecinco de partido e o cambio de orientación de Nico Williams para Yamal foi demasiado longo. A posesión de balón está agora mesmo 54 % para Croacia e 46 % para España.
GOOOOOOOOL DE MORATA!!!! Primeiro de España na Eurocopa para o capitán español!! Balón longo de Fabián ante unha defensa que se abrira como as augas e o dianteiro madrileño define coa zurda o man a man ante Livakovic sen dificultade.
🇪🇸 𝙈𝙊𝙊𝙊𝙊𝙊𝙍𝘼𝘼𝘼𝘼𝘼𝙏𝘼𝘼𝘼𝘼𝘼
— Teledeporte (@teledeporte) June 15, 2024
¡España se adelanta con el primer gol de Morata en esta #Euro2024! pic.twitter.com/MynrbFDV7y
UIIII KOVACIC! Seguinte xogada despois do gol de España e o croata que atopou un oco enorme na defensa española e rematou raso ás mans de Unai Simón. Estaba nunha posición moi perigosa o exmadridista malia non conseguir un tiro perigoso.
GOOOOOOOL DE FABIÁN!! Segundo de España, vaia golazo de Fabián Ruíz! Amagou e caneou na frontal e sacou un pequeno espazo para armar a zurda e poñela rasa na esquina da meta de Livakovic. España en dous rabuñaduras adiántase e pon terra de por medio cando Croacia mellor estaba. Gol e asistencia para Fabián.
🤯 𝓟𝓮𝓻𝓸 𝓺𝓾𝓮́ 𝓱𝓪𝓼 𝓱𝓮𝓬𝓱𝓸, 𝓕𝓪𝓫𝓲𝓪́𝓷
— Teledeporte (@teledeporte) June 15, 2024
GO-LA-ZO del '8' español para poner el segundo y levantar a la afición de España en el Olímpico de Berlín. #Euro2024
📲 Si estás fuera de casa, sigue el debut de la @SEFutbol en https://t.co/yVORAVwYen pic.twitter.com/A6zXBGOcuj
OUTRA CLARÍSIMA PARA CROACIA! Volveulle a pasar a España, outra xogada polo centro do campo que atopa Croacia un espazo moi grande e chega cunha facilidade inexplicable a poñerse diante de Unai Simón. O porteiro vasco fixo dúas paradas consecutivas que evitaron o gol, decisivo neste resultado.
Moito máis aire agora para España que se sinte cómoda co balón nos pés ante unha Croacia desorientada. Aparece tamén moito máis Pedri que axuda o moito a ter o balón ao conxunto español.
Xogo detido para atender a Pedri que levou un balonazo na cara. Volve a ter o balón a selección española que ve as cousas moito máis claras. Con este gol, Álvaro Morata empata con Griezman e Shearer no posto de terceiros máximos goleadores das Eurocopas, só por detrás de Platini e Cristiano Ronaldo.
UIIIIII CROACIA!!! OUTRA CLARÍSIMA PARA OS BALCÁNICOS! Centro lateral dende a dereita que colleu Gvardiol no outro lado e enviou unha volea que pasou moi preto da liña de gol de Unai Simón. Tivo tres moi claras Croacia, pero sen éxito á hora de definir.
Bo achegamento pola banda esquerda de Cucurella que atopou o espazo para centrar raso cara Pedri, mais foi interceptado pola defensa croata e caeu nas luvas de Livakovic.
Dous de engadido!
GOOOOOL DE CARVAJAL!! Córner para España que saca en curto, pona á área Lamine Yamal e remata Carvajal que entrou completamente só. España vai marchar ao descanso con 3-0!
🎯 ¡¡Pero que alguien le diga a este tío que es lateral, que a este paso gana la Bota de Oro!! #EuroRTVE
— Teledeporte (@teledeporte) June 15, 2024
Carvajal, '2' de día y '9' en partidos importantes. #EspañaCroacia
📲 https://t.co/yVORAVwYen pic.twitter.com/abKdL4li28
DESCANSO EN BERLÍN!! Tremendo resultado ao descanso para España. A selección comezou mellor pero sen perigo claro. Cando Croacia axustou a saída de balón comezou a dominar o xogo pero en dous rabuñaduras de Fabián, nun asistindo a Morata e noutro fabricándose el mesmo un bo gol España púxose por diante. Contra o descanso apareceu Carvajal nun córner, segundo partido consecutiva no que marca nun balón parado, xa o fixo na final da Champions.
A materia pendente de España está a ser os minutos que suceden aos seus goles a favor, onde Croacia xerou dúas ocasións clarísimas que por moi pouco non acabaron en gol.
Veremos como se da a segunda metade, haberá que fixarse en Rodri e Pedri que están a desgastarse moito metendo presión moi arriba.
ARRINCOU A SEGUNDA PARTE! Non hai cambios no combinado español, en Croacia ía entrar Perisic pero polo de agora non efectúa o cambio.
Decidiu mal Morata nunha contra clarísima para España! Recuperación moi boa dos de De la Fuente pero o dianteiro do Atlético non viu á súa dereita a Nico Williams que entraba só na área croata.
Xogo parado agora mesmo para atender a Carvajal que levou un golpe na cara. España sae sen medo a tela e buscar máis goles, lonxe de meterse atrás e esperar pola iniciativa croata.
Ui Le Normand que case a lía agarrando ao xogador croata cando este escapaba tras un mal envío de Fabián. A liña defensiva de España é a peor parte do conxunto español no día de hoxe.
UIII LAMINE YAMAL MENUDO PARADÓN DE LIVAKOVIC! Gran contraataque levado por Pedri que deixou só a Yamal e cando cruzaba o balón á dereita do gardarredes croata este sacou unha man moi boa.
UIII OUTRA DE LAMINE! Espectacular xogada do culé que caneou a Brozovic e a Kovacic e puxo un centro moi perigoso á área croata o cal bateu na perna de Morata e pasou bicando a portería rival.
OCASIÓN CLARÍSIMA PARA CROACIA!! Arrinque de Kovacic que pasou a Le Normand como se nada e puxo un balón atrás que atopou remate a escasos metro da liña de gol, pero de maneira milagreira Cucurella sacouna co corpo e logo España consegueu despexala.
Outra gran xogada de Lamine Yamal que puxo o balón atrás para Fabián e cometeron falta sobre el, moi perigosa, na frontal da área.
Houbo cambios en Croacia, saíu Budimir e entrou Perisic. Agora en España parece que vai entrar Olmo.
Efectúase a entrada de Dani Olmo, sae Pedri. Ollo porque Morata está a queixarse da perna dereita onde hai uns minutos recibiu un golpe.
O ritmo do partido descende un pouco. A tocala España sen a menor présa mentres Croacia non atopa a maneira de impoñer un xogo máis ofenviso. España ten xogadores moi veloces en ataque que xa lle deron máis dun susto á defensa balcánica, polo que tampouco se bota arriba con maior decisión.
Tírase ao chan Morata que cede o seu brazalete a Rodri e se coloca na banda para ser substituído, aínda que o cuarto árbitro non o permite e haberá que esperar que volva saír. En Croacia saen Modric e Kovacic e entran Pasalic e Susic, ese cambio si que se efectuou.
Agora si que consegue España realizar os cambios. Saen Morata e Nico Williams e entran no seu lugar Mikel Merino e Oyarzábal.
España mantén o balón sen apretar moito cunha Croacia practicamente entregada, que xa pode estar pensando nos seus seguintes encontros. O equipo de De la Fuente tampouco busca a portería rival con moita gana.
Cambios no conxunto croata, sae Kramaric e entra Bruno Petkovic. Definitivamente o ritmo do partido caeu en picado. Agora Croacia acelerou un pouco para poñer un centro lateral que non tivo precisión.
Minuto 75 do partido e ambos equipos parecen asinar o resultado. España xa non apreta arriba e cando sae chega con claridade, pero sen precisión. Croacia busca especialmente a banda de Carvajal para atacar mediante centros laterais, pero tampouco é quen de ter claridade.
DURMIUSE ESPAÑA! PENALTI PARA CROACIA! Liouna Unai Simón que agasallou á ofensiva croata cun balón na súa área que, cando ía rematar claramente o dianteiro balcánico caeu nunha patada de Rodri que chegaba por detrás e foi sancionado con cartón amarelo.
PAROUNA UNAI PERO GOL DE CROACIA NO REBOTE!! Entrou Perisic que a puxo para Petkovic o cal rematou a pracer, ollo que igual hai que repetilo porque pode ser que Perisic entrase antes na área.
ANULADO O GOL DE PETKOVIC! O árbitro asubiou infracción de Perisic por entrar na área antes de tempo, polo que se anula o gol de Croacia. Decídese que é falta porque se interpreta que Perisic foi o único que entrou antes de tempo, se tamén houbera un xogador español habería que repetilo. Parecía que Cucurella podía estar tamén dentro, pero o colexiado non o decidiu así. Susto para unha España que pensaba que o partido xa estaba rematado.
😱 Bienvenidos a la locura de Berlín.
— Teledeporte (@teledeporte) June 15, 2024
¿Penalti? de Rodri, lo para Unai Simón, gol de Petkovic al rechace; finalmente anulado. #EURO2024
¿Te parece bien arbitrada toda esta jugada? #EuroRTVE pic.twitter.com/wVte1OVYQW
Tiro de Perisic agora que atalla Unai en dous tempos. España non controla o partido e a boa imaxe que da o resultado non é a mesma que da o xogo. Ollo porque Rodri tírase ao chan con molestias físicas e vai ser substituído.
Cambios en España, marcha Rodri(haberá que seguir a súa condición física) e Lamine Yamal, cun notable debut na Eurocopa, e entran no seu lugar Ferrán e Zubimendi.
Córner para España despois dun bo achegamento de Ferrán que foi desviado pola defensa croata.
5 minutos de engadido!
Remate de Perisic de cabeza nun centro lateral que non xerou perigo nas redes de Unai Simón. Tres minutos para o final do partido e córner para España despois dunha boa xogada de Dani Olmo.
FINAL DO PARTIDO! Vitoria cun resultado moi claro de España, que convenceu máis no marcador que no xogo. A primeira parte estivo protagonizada por un bo xogo ao inicio e, cando peor estaba, púxose dous arriba. Antes de marchar ao descanso apareceu Carvajal para poñer un terceiro psicolóxico. Na segunda metade Croacia saíu por debaixo en intensidade e España puido aumentar a vantaxe pero non o aproveitou e co paso dos minutos foi reducindo a intensidade. Xa cara o final do partido España estaba sen intensidade e ritmo e foi cando sucedeu o penalti de Rodri, aínda que non rematase en gol.
Haberá que seguir o estado de Morata e de Rodri, que foron substituídos por problemas físicos.