En Galicia hai 61.000 alumnos matriculados nalgún dos 147 ciclos formativos de FP
En Galicia hai 61.000 alumnos matriculados nalgún dos 147 ciclos formativos de FP
A fins dos oitenta, e tamén nos noventa, varias xeracións de pais, moitos sen título universitario, consideraban que os seus fillos tiñan que ter unha carreira para ter un futuro mellor. As cifras do paro nos universitarios e o aumento da empregabilidade na FP debuxaron un novo panorama.
En Galicia neste curso 2022-2023 hai 61.000 alumnos matriculados nalgún dos 147 ciclos formativos de FP que existen. No ano 2009 había 35.000. Non é só cuestión de cifras senón do auxe e da revalorización da nova formación profesional.
A pregunta que se fan ao rematar hoxe o bacharelato xa non é unicamente "que carreira vou estudar?" A FP, mellor considerada, xa entra nos plans de futuro.
Despois da pandemia, en 2020, a consultora Randstad publicaba un estudo no que por primeira vez a FP superaba a Universidade en empregabilidade, en xente que atopaba traballo. Segundo ese informe a FP xa representaba 4 de cada 10 ofertas de traballo.
Segundo o Observatorio das Ocupacións do SEPE os perfís onde houbo máis ofertas de traballo foron os dos estudantes do grao medio de xestión administrativa e os do grao medio en coidados auxiliares de enfermaría. O grao superior en educación infantil tamén tivo unha alta porcentaxe de empregabilidade.
Os perfís con maiores ofertas de traballo, segundo o SEPE, son hoxe os graos medios en xestión administartiva e os coidados auxiliares de enfermería.