Cargando resultados...
En risco de suspensión o partido do Breogán por un gromo de coronavirus
En risco de suspensión o partido do Breogán por un gromo de coronavirus
G24.gal
14/11/2021 13:11
Logo do caso de COVID de Bell Haynes, que quedou en Lugo, saltou un segundo caso desta volta na expedición do Breogán que estaba en Manresa disposta a xogar o seu partido de ACB diante do Baxi (20.00 horas).
Os xogadores e o corpo técnico desprazáronse ata un laboratorio para realizar as pertinentes PCR e descartar máis casos positivos. No caso de ter un terceiro a suspensión do partido sería automática, pero as posibilidades de aprazamento do partido son moitas.
O Breogán non puido facer a sesión de pista que tiña programada para a mañá e, no caso de xogar, estaría moi mermado. Todo parte dos casos positivos que tivo o Gran Canaria, último rival contra o que xogou o equipo lucense.