Cargando resultados...
Ence confirma un investimento de 395 millóns na factoría de Pontevedra ata o 2073
Ence confirma un investimento de 395 millóns na factoría de Pontevedra ata o 2073
Co futuro despexado pola sentenza do Supremo, Ence reforzará a planta coa posta en marcha do seu plan de investimentos
G24.gal
30/03/2023 14:44
A sentenza do alto tribunal garante a permanencia de Ence en Lourizán e permite reforzar a planta coa posta en marcha do seu plan de investimentos.
Uns plans que tratan de frear desde o Concello, que xa anunciou que recorrerá a sentenza.
A empresa insiste en que o auto do alto tribunal é firme e co futuro despexado, Ence amplía os investimentos en Galicia con 125 millóns de euros para a posta en marcha dunha factoría para a produción de fibra reciclada nas Pontes.
A maiores achega outros tres millóns para unha nova convocatoria do plan social para a comarca pontevedresa.