A xornalista Encina Ramos xubílase tras 38 anos na TVG
A xornalista Encina Ramos xubílase tras 38 anos na TVG
É unha das caras máis coñecidas e máis familiares para os galegos
Foi presentadora, reporteira e ocupou postos directivos no organigrama da empresa
A Televisión de Galicia queda sen un dos seus referentes informativos. Encina Ramos xubílase despois de 38 anos vencellada aos medios públicos galegos, primeiro na Radio Galega e despois na Televisión de Galicia.
Desde 1985, Encina fixo de todo nos servizos informativos. Foi reporteira, presentadora e directora de telexornais. E tamén ocupou durante un tempo postos directivos no organigrama da empresa.
Xubílase, sen dúbida, unha grande da casa, todo un referente do xornalismo galego. Os compañeiros ímola estrañar moitísimo no traballo diario e desexámoslle que goce da súa nova etapa. Coñecéndoa, seguro que non se vai aburrir.