Endesa recupera persoal e acumula carbón para reactivar As Pontes
Endesa recupera persoal e acumula carbón para reactivar As Pontes
Vinte mil toneladas de carbón chegan a Ferrol
Endesa acelera o proceso para recuperar os traballadores que tiña nas Pontes e desprazara a outros puntos de España. Con eles, quere volver poñer a fábrica en servizo de forma inmediata.
Son 20.000 toneladas de carbón que chegan a Ferrol despois de dous anos para reactivar unha central en proceso de peche.
Mentres, Endesa negocia a volta dos traballadores desprazados a outros puntos de España. A previsión é que o día 8 estea o persoal a punto para entrar en operación o 15 de novembro.
Os traballadores din que esta reactivación da central demostra a improvisación do proceso de transición enerxética.
Endesa mantén as previsións de peche para a central das Pontes. Neste momentos estanse resolvendo as alegacións presentadas ao proceso.