Cargando resultados...
Eneko Jauregi lamenta a falta de ocasións do Rácing
Eneko Jauregi lamenta a falta de ocasións do Rácing
O Deportivo e o Rácing son os menos goleadores da categoría, en seis partidos só marcaron tres goles
G24.gal
25/09/2024 17:46
Última actualización 25/09/2024 17:51
O Deportivo e o Rácing son os menos goleadores da categoría, en seis partidos só marcaron tres goles. No Rácing, o dianteiro Jauregi marcou por partida dobre na xornada inaugural. O xogador vasco lamenta a falta de ocasións.
"Oxalá tivésemos os de arriba catro oportunidades por partido. Traballamos para iso. Chéganos pouco!"
O dianteiro non agocha o seu desgusto por ser penúltimo na clasificación.
"Doe, porque non queres verte nas catro últimas posicións"
"Que sexa así ao principio para poder desfrutar máis adiante"
O próximo rival do Rácing será o Córdoba.