Enerxía de Galicia para Galicia, por Venancio Salcines
OPINIÓN
Enerxía de Galicia para Galicia, por Venancio Salcines
O goberno de Alfonso Rueda ten decidido iniciar os tramites para a redacción dun novo plan eólico. Antes do verán licitarase e espérase que se aprobe na actual lexislatura. O aspecto máis relevante é a aposta da Xunta pola enerxía verde.
Hoxe temos preto de catro mil megawatts, cos que están en trámite pasaremos dos 6.500, e o novo plan levaranos a niveis moi superiores. Pero o relevante non é que academos eses niveis, senón que temos as bases para que esa enerxía acabe alimentando o tecido empresarial galego.
As nosas pemes e autónomos, ata agora excluídos das tarefas maioristas, que dan estabilidade e permiten vivir sen os sobresaltos do gas, van acceder ás mellores condicións. É posible que o plan nos leve á cabeza de España en xeración de enerxía renovable, pero o que é seguro é que seremos a autonomía en que máis vai impactar. Isto que parece sinxelo non o é en absoluto.
Toda a industria europea apertou ao Presidente Rueda e a conselleira Lorenzana para que recuasen e deixasen na gabia o seu pobo, e non cederon. O novo plan obriga a vender unha parte desa enerxía aos galegos, ben directamente ás súas empresas ou a comercializadoras que a revendan en Galicia, como a que creou a Xunta, Recursos de Galicia. E non querían, so querían de nós os ventos e os montes. Pero o novo plan é enerxía de Galicia para Galicia, e o que non queira estas regras de xogo, poderá buscar outros espazos e outros países.