Os galegos de 65 a 79 anos poderán recibir a vacina reforzada contra a gripe
Os galegos de 65 a 79 anos poderán recibir a vacina reforzada contra a gripe
Ensaio clínico galego para protexer mellor contra o virus e as súas complicacións
É todo un reto pois en España nunca antes se fixo un estudo destas dimensións. Están chamados a participar máis de 450.000 galegos de entre 65 e 79 anos. O que se busca é comparar as dúas vacinas contra a gripe, a estándar e a reforzada, que é a que lles poñen aos maiores e 80 anos.
"O obxectivo do estudo é saber se as vantaxes que ten entre os máis maiores tamén as ten entre as persoas de entre 65 e 79 anos",di o promotor e investigador principal do ensaio, Federico Martinón
Galicia é líder nacional na investigación coas vacinas, e que o ensaio se faga aquí será importante á hora de tomar decisións sanitarias. "Igual que se decidiu poñer a vacina reforzada aos maiores de 80 anos, en función dos resultados deste estudo, pódese tomar a mesma decisión cos da franxa de idade dos 65 aos 79", asegura Federico Martinón.
Para Carmen Durán, a directora de Saúde Pública, é importante que agora por primeira vez as decisións que se tomen desde a dirección xeral de saúde van ser con datos de Galicia,
Participar no estudo é voluntario e farase cando acudan poñer a vacina da gripe.