Publicador de contidos
Publicador de contidos

Entran en vigor a redución de xornada e as subas salariais das gardas no Sergas

Entran en vigor a redución de xornada e as subas salariais das gardas no Sergas

Os profesionais sanitarios chegarán ás 35 horas semanais en 2025

Sanidade creará o ano que vén 1.400 prazas para compensar a redución de xornada

Facultativos nunha garda nun hospital do Sergas
G24.gal 02/07/2023 14:05 Última actualización 02/07/2023 14:14

Os máis de 43.000 traballadores da sanidade pública galega comezaron esta fin de semana o camiño cara a xornada laboral de 35 horas semanais, que conseguirán en dous anos. A directora xeral de recursos humanos do Sergas, Ana Comesaña, asegura que esa redución non vai incrementar a eventualidade porque se vai compensar, di, coa creación de 1.400 prazas novas.

A redución da xornada laboral é unha das medidas pactadas entre a Consellería de Sanidade e os sindicatos tras a folga do mes de abril. O consello da Xunta aprobounas o xoves e esta fin de semana comezan a aplicarse, de xeito progresivo.

 "A redución de horas non pode conlevar unha maior eventualidade, estamos traballando para estabilizar o emprego e comezaremos, cos orzamentos do ano 24, poñendo prazas enriba da mesa, 1.400 prazas se dotarán para facerlle fronte á redución da xornada"

Os profesioniais sanitarios tamén irán cobrando máis polas gardas, que nos festivos se pagarán a 30 euros a hora. E desde o ano que ven, a quinta garda nun mes subirá a 37 euros a hora.

"É unha suba importante que ten en consideración as noites, os festivos, as tardes, as xornadas deslizantes e a maior penosidade que leva traballar no servizo galego de saúde mañá, tarde noite e todos os días do ano"

Comesaña afirma que as medidas afectan a todas as categorías profesionais, incluida a atención primaria. Lembra as melloras retributivas pactadas o ano pasado e o manual de cobertura de ausencias publicado hai un mes.

"E nesas normas fixemos un cálculos de doentes, máximo 34 por axenda ,e tamén o acordamos cos sindicatos, e cada día avanzamos máis na mellora das condicións de atención primaria, concretamente nas cargas de traballo"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos