Cargando resultados...
Envían forraxe para os afectados polos incendios no Courel
Envían forraxe para os afectados polos incendios no Courel
Os animais quedaron sen zonas de pasto a raíz dos lumes deste verán
A asociación Gandeiros Galegos da Suprema envía o silo e o Concello organiza o transporte
G24.gal
08/09/2022 21:02
Última actualización 08/09/2022 21:26
Chegaron os primeiros rolos de silo para alimentar o gando que quedou sen pasto por mor dos incendios deste verán no Courel. Enviados por Gandeiros Galegos da Suprema, son unha achega moi valorada.
O Concello do Courel organizou o transporte. A forraxe apenas chegará para un mes, pero é axuda vital.
A colaboración continúa. Contan con enviar máis camións con forraxe proximamente.