Épica remonta de Alcaraz que xogará a súa primeira final en Roland Garros
Épica remonta de Alcaraz que xogará a súa primeira final en Roland Garros
Derrotou a Sinner en cinco sets dunha gran calidade (2-6, 6-3, 3-6, 6-4, 6-3)
Carlos Alcaraz, o número 3 do mundo, xogará a súa primeira final en Roland Garros logo de asinar unha épica remonta diante do italiano Jannik Sinner, virtual número 1, en catro horas de nove minutos (2-6, 6-3, 3-6, 6-4, 6-3).
Aos 21 anos o español convértese no xogador máis novo da historia en acadar finais de Grand Slam en todas as superficies e buscará o seu terceiro grande contra Zverev. "Foi un sufrimento, aquí hai que gozar da grandeza do torneo. Durante cinco sets tivemos que pelexar e tamén hai que saber desfrutar do sufrimento" dixo o español ao final do partido.
Alcaraz, que o ano pasado caeu nunha dramática semifinal contra Djokovic, convérterse no segundo finalista máis novo sobre a terra batida de París, por detrás do seu compatriota Rafa Nadal.