Epifanio: "A diferenza entre a ACB e a Liga LEB é a repercusión"
Epifanio: "A diferenza entre a ACB e a Liga LEB é a repercusión"
O club, que inciou a pretemporada, está a traballar na contratación dun base
A primeira proba chegará o 27 de agosto, nunha amigable fronte ao F. C. Porto na localidade portuguesa de Caminha
O Leyma Basquet Coruña empezou a preparar esta mañá a súa primeira aventura ACB. O equipo que adestra Diego Epifanio non poderá facelo na súa nova casa, o Coliseum –está ocupado por outros eventos–, polo que que iniciará a pretemporada na vella, o Pazo dos Deportes de Riazor.
Epifanio: "A diferenza entre unha liga e outra é a repercusión. O impacto nos medios é maior. Temos que estar todos á altura".
"A nivel baloncesto é unha liga máis física, con xogadores máis rápidos".
O equipo laranxa, que a pasada semana pasou os preceptivos controis médicos, preséntase no primeiro día de traballo da campaña 2024-2025 aínda incompleta, xa que o club está a traballar na contratación dun base. Sería a quinta fichaxe, tras os do pìvot brasileiro Augusto Lima, o á-pivote estadounidense Trey Thompkins, o combo canadense Phil Scrubb e o aleiro dominicano LJ Figueroa.
Caras novas que se unen aos oito renovados do equipo que o pasado 10 de maio conseguiu o histórico ascenso á máxima categoría nacional: Alex Hernández, Beqa Burjanadze, Goran Huskic, Olle Lundqvist, Aleix Foint, Atoumane Diagne, Ingus Jakoviccs e Yunio Barrueta.
A pretemporada do conxunto laranxa será de tan só dúas semanas. A primeira proba chegará o 27 de agosto, nunha amigable fronte ao FC Porto na localidade portuguesa de Caminha. A finais desa mesma semana será o segundo amigable, en Laredo fronte a un rival de ACB, o Bilbao Basket.