Publicador de contidos
Publicador de contidos

ERC considera que Pedro Sánchez "debilitou" o bloque da investidura

ERC considera que Pedro Sánchez "debilitou" o bloque da investidura

Pere Aragonès cre que o presidente do Goberno levou a cabo "unha operación política para tentar condicionar a campaña catalá e das europeas" 

Pedro Sánchez participa este xoves nun mitin co candidato do PSC, Salvador Illa

G24.gal 02/05/2024 14:47

Unha vez resolto o seu dilema, Pedro Sánchez volve sacudir a campaña catalá. Apareceu por sorpresa na Feira de Abril de Barcelona e este xoves participa nun mitin con Salvador Illa.

O seu retorno á primeira liña levantou fortes críticas dos partidos independentistas. Para Pere Aragonès, candidato de ERC, o período de reflexión de Sánchez foi "unha operación, unha manobra política para tentar condicionar a campaña catalá e das europeas". 

No PSOE negan calquera estratexia política. Salvador Illa, candidato do PSC, aféalle aos independentistas que, primeiro, "parecía que lle pedían que continuase" e, tras anunciar a súa continuidade, "parece que lle piden que dimita".

Pero para Junts e ERC, socios no Congreso, a alianza quedou tocada. Para Pere Aragonès, o presidente do Goberno "debilitou o bloque da investidura porque agora temos moita menos confianza en que esta lexislatura se complete".

Pero Salvador Illa, que parte como favorito nas enquisas, tenta rebaixar o ton. Sabe que os pactos serán necesarios e intenta abrir camiño xa con Puigdemont. "Con Junts tivemos ocasión de colaborar noutras institucións e imos ver que opción toman eles", asegurou nunha entrevista na Cadena Ser.

Carles Puigdemont xa lle contestou. Pecha a porta a un pacto con Illa e insta a Esquerra a aclarar a súa posición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade