Publicador de contidos
Publicador de contidos

Erdogan parte como favorito nas eleccións presidenciais de Turquía

Erdogan parte como favorito nas eleccións presidenciais de Turquía

O candidato opositor denunciou un veto informativo aos seus actos e insiste nas sospeitas de fraude electoral

G24.gal 27/05/2023 20:26 Última actualización 27/05/2023 20:36

Outra cita coas urnas é a que vivirá Turquía este domingo con Tayyip Erdogan como favorito para revalidar a presidencia do país. Esta é a primeira vez que se enfronta a unha segunda volta electoral tras máis de dúas décadas no poder, un dato ilustrativo da súa perda de popularidade.

Nas enquisas divulgadas, Erdogan sácalle entre tres e cinco puntos de vantaxe ao seu contrincante, Kamal Kiliçdaroglu, un líder laicista e antiautoritario. A xornada electoral chega entre sospeitas de fraude, despois das múltiples denuncias relacionadas coa primeira volta.

Nesta nova campaña electoral, Erdogan contou co apoio do terceiro candidato en discordia, o ultradereitista Sinan Ogan, que conseguiu case tres millóns de votos na primeira volta.  Esta circunstancia reforza as opcións do actual presidente para encarar un novo mandato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade