Publicador de contidos
Publicador de contidos

Escotet: "Non descansaremos ata que o equipo volva a Primeira División"

Escotet: "Non descansaremos ata que o equipo volva a Primeira División"

Asegurou que os cambios levados a cabo nas últimas semanas no Deportivo eran obrigados

G24.gal 28/07/2023 12:08 Última actualización 28/07/2023 12:24

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, asegurou durante a presentación de resultados da entidade financeira, que os cambios levados a cabo nas últimas semanas no Deportivo eran obrigados tras os fracasos deportivos dos últimos anos.

"Os cambios eran indispensables. Son para mellor"

"É un equipo que ten a obriga de volver á categoría elite, leva catro anos fóra do fútbol profesional e iso hai que cambialo con toda celeridade", explicou o empresario venezolano.

"O que ratifico, e é a mensaxe que lle podemos mandar á afección, é que o noso compromiso é de longo prazo e non descansaremos ata que o equipo volva a Primeira División", sostén.

A de Escotet, é a primeira explicación que desde o máximo accionista ou desde os responsables do Deportivo realízase tras todo o ocorrido por mor do fracaso de Castelló.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade