Veciños do barrio coruñés da Agra do Orzán mobilízanse contra un suposto narcopiso no seu edificio
Veciños do barrio coruñés da Agra do Orzán mobilízanse contra un suposto narcopiso no seu edificio
Denuncian fortes ruídos de madrugada, pelexas e golpes e a continua entrada e saída de persoas que relacionan cunha suposta venda de drogas
Os veciños do número 12 da rúa Laracha da Coruña denuncian continuos problemas de convivencia desde que en abril chegaron ao terceiro andar do edificio uns novos inquilinos. Nieves vive porta con porta con eles e fala de situación límite.
Os veciños falan de estragos no portal coa pechadura rota en varias ocasións. Din que tomaron medidas colocando cámaras de seguridade. Pero os conflitos continuaron.
Unhas horas antes da protesta veciñal un dos inquilinos do suposto narcopiso, que nega calquera acusación contra el, saía á rúa para recriminarlles aos veciños a colocación de carteis anunciando a mobilización.
Insisten en que a convivencia no barrio da Agra do Orzán é boa e que este é un caso de problemas con persoas conflitivas. Non descartan novas protestas.