Publicador de contidos
Publicador de contidos

Escrivá anuncia a creación da Sociedade Española para a Transformación Tecnolóxica

Escrivá anuncia a creación da Sociedade Española para a Transformación Tecnolóxica

Concentrará os investimentos en sectores tecnolóxicos estratéxicos e podería incluír a participación estatal en Telefónica

Escrivá levará esta iniciativa ao próximo Consello de Ministros para que se tramite con carácter de urxencia

G24.gal 26/02/2024 18:36 Última actualización 26/02/2024 18:55

O ministro de Trasformación Dixital, José Luis Escrivá, anunciou este luns en Barcelona a creación da Sociedade Española para a Transformación Tecnolóxica (SETT), que concentrará todos os investimentos en sectores tecnolóxicos estratéxicos e que podería incluír a participación estatal en Telefónica.

No marco do Mobile World Congress, Escrivá explicou que levará ao próximo Consello de Ministros esta iniciativa para que se tramite con carácter de urxencia, co obxectivo de que en dous ou tres meses a nova SETT xa estea en funcionamento.

Esta nova sociedade encargarase de desenvolver o ecosistema industrial en toda a cadea de valor dos semicondutores, polo que integrará a organización da Sociedade Estatal de Microelectrónica e Semicondutores (SEMyS), adscrita actualmente á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI).

Outra das súas tarefas será apoiar a empresas en proxectos innovadores, co fondo Next-Tech, dependente do Instituto de Crédito Oficial (ICO), e apoiar e promover o sector audiovisual.

Esta nova SEPI tecnolóxica, dependente do Ministerio de Transformación Dixital e da Función Pública, comeza cunha capacidade de mobilización de investimentos duns 20.000 millóns de euros nos sectores estratéxicos como telecomunicacións ou intelixencia artificial xenerativa.

Considerou que "ten sentido" que a adquisición de ata un 10 % de Telefónica acordada polo Goberno se leve a cabo a través desta nova sociedade, pero que se irá "vendo co tempo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade