Esgotadas as entradas para o España-Italia en Pasarón

Os últimos 200 billetes despacháronse esta mañá

G24.gal 01/12/2023 12:25 Última actualización 01/12/2023 12:36

As entradas para o partido entre as seleccións de España e Italia, que se disputará esta noite en Pasarón, esgotáronse á primeira hora desta mañá, informou a Federación Galega de Fútbol (FGF).

Os últimos 200 billetes para o duelo entre as campioas do mundo e Italia, correspondente á penúltima xornada da fase de grupos da Liga das Nacións, despacháronse esta mañá en apenas 20 minutos na sede da FGF en Pontevedra.

O equipo dirixido por Montse Tomé asegurará a súa presenza na fase final da Liga das Nacións en caso de vencer a Italia, nun partido que será especial para a pontevedresa Teresa Abelleira

Aproveitando este día solleiro, as xogadoras da selección deron un paseo esta mañá por Silgar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos