Publicador de contidos
Publicador de contidos

España asoballa a Alemaña e métese na semifinal do Eurobasket feminino

España asoballa a Alemaña e métese na semifinal do Eurobasket feminino

Partidazo do equipo de Miguel Méndez (67-42) que se enfrontará a Hungría nas semifinais

As galegas Raquel Carrera (7 puntos) e Paula Ginzo (4 puntos) estiveron ben dentro dun triunfo moi coral

G24.gal 22/06/2023 22:29

A selección española feminina completou o mellor partido do Eurobásket no día decisivo. Nos cuartos de final pasáronlle por riba de Alemaña (67-42), metéronse nas semifinais do campionato e garantiron a súa presenza no Preolímpico, outro dos grandes obxectivos desta cita. 

Apareceran dúbidas logo da derrota contra Letonia na primeira fase pero co paso dos partidos o equipo do galego Miguel Méndez vai sendo cada vez unha máquina mellor engraxada. Dentro do bo partido grupal destacou Laura Gil con 13 puntos e 11 rebotes. As ourensás Raquel Carrera (7 puntos) e Paula Ginzo (4 puntos) estiveron ao nivel das compañeiras cunha destacada actuación. 

A forte saída no primeiro cuarto (20-7) marcou o partido. A defensa foi magnífica e ao descanso o resultado era de 33-16. No segundo tempo a vantaxe aumentou ata situarse por riba dos trinta puntos e só ao final a relaxación propiciou que o resultado non fose de escándalo. 

Hungría será a rival de España nas semifinais, ás que chegan coa moral moi alta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar