Publicador de contidos
Publicador de contidos

España comeza o reto da Eurocopa diante de Croacia

España comeza o reto da Eurocopa diante de Croacia

Nun grupo moi esixente este primeiro duelo semella fundamental para calibrar as aspiracións dos de Luís de la Fuente

G24.gal 14/06/2024 21:03

España desconta as horas para debutar na Eurocopa ante a combativa Croacia. Un duelo complexo nun grupo marcado pola esixencia. A selección aspira a darlle continuidade á xeira de éxitos que iniciou en 2023 coa conquista da Nations League.

A selección española presenta candidatura cunha mestura de veteranía e xuventude. Non hai figuras estrela pero si futbolistas destacados en todas as demarcacións. O centro do campo e o liderado do vestiario son dominio de Rodri, referente indiscutible do grupo.

Este sábado mediranse no campo os 39 anos e 170 internacionalidades de Modric, cos 16 anos e sete partidos coa absoluta de Lamine Yamal, chamado a ser unha das xoias de España nesta Eurocopa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar