Publicador de contidos
Publicador de contidos

España complica a segunda praza no balonmán masculino

España complica a segunda praza no balonmán masculino

Suecia foi moi superior e postúlase, xunto a Alemaña, para ocupar as dúas primeiras prazas

G24.gal 29/07/2024 17:55

Despois dun mal primeiro partido España enfrontábase a unha das seleccións máis fortes do torneo, Suecia. O combinado español quería cambiar a imaxe que dou contra Eslovenia o venres, pero as cousas non mudaron moito. Con esta derrota complícase a segunda praza, e máis tendo en conta que aínda hai que xogar contra a primeira do grupo Alemaña. Polo de pronto, o próximo partido será contra Xapón o mércores as 14:00.

A defensa de España foi moi branda, concedendo lanzamentos moi fáciles aos xogadores suecos que se coaban na trama defensiva española e quedaban man a man contra os porteiros. O galego Rodrigo Corrales xogou a meirande parte dos minutos, e pese a que a defensa non foi boa, o porteiro de Cangas realizou unha boa actuación cun 33 % de paradas, iso si, opacado polo porteiro do equipo rival, que tivo máis dun 40 %. En ataque o movemento non era moi fluído e non se conseguiron grandes situacións, pero a calidade dos xogadores mantivo a España no partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade