Publicador de contidos
Publicador de contidos

España comunica a Bruxelas que o caso Koldo afecta a 17,8 millóns de euros de fondos europeos

España comunica a Bruxelas que o caso Koldo afecta a 17,8 millóns de euros de fondos europeos

14,7 millóns de euros proceden de FEDER e outros 3,1 millóns do Fondo Europeo de Solidariedade

O PP pide datos fiscais e laborais sobre o vínculo da muller de Sánchez con Globalia

G24.gal 14/03/2024 19:13

O presunto caso de corrupción mediante contratos asinados durante a pandemia para a compra de máscaras, o caso Koldo, afecta a partidas de dous fondos europeos que mobilizaron un total de 17,8 millóns de euros, así o comunicaron as autoridades españolas á Comisión Europea.

Un portavoz concretou que se tratan de 14,7 millóns de euros, procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e doutros 3,1 millóns do Fondo Europeo de Solidariedade.

Estas cifran foron transmitidas polo Ministerio de Facenda ao Executivo comunitario, que pedira "aclaracións" ao Goberno nunha carta o pasado 27 de febreiro.

"O venres, 8 de marzo, a Comisión recibiu unha resposta da autoridade de xestión. Unha vez completada a súa avaliación dos contratos investigados, identificou un apoio do FEDER e do Fondo de Solidariedade por unha cantidade de 14,7 millóns e 3,1 millóns, respectivamente", precisou o portavoz.

O importe exacto total do FEDER foi de 14.659.048,45 de euros. 10.900.833,21 millóns foron para Canarias e 3.758.215,24 millóns para Baleares. Do Fondo de Solidariedade saíron exactamente 3.144.775,64 millóns.

A Comisión Europea sinalou que continuará "vixiando detidamente" a evolución dos acontecementos e "tomará as medidas adecuadas para asegurar a protección dos intereses financeiros da Unión", porque ten "cero tolerancia coa fraude".

O portavoz quixo lembrar que Bruxelas dispón de "moitas posibilidades e ferramentas", como interromper ou suspender os pagos a Estados membros, impoñer "correccións financeiras", adoptar medidas administrativas e recuperar os fondos xa desembolsados.

As pescudas céntranse nos contratos subscritos polo Servizo de Saúde das Illas Canarias e o Servizo de Saúde de Illas Baleares, para a subministración de máscaras e foi aberta tras recibir a denuncia dun particular.

Este mesmo mércores, o comisario europeo de Orzamentos, Johannes Hahn, confiou en que a investigación que abriu a Fiscalía Europea por presuntos delitos de malversación de fondos públicos, prevaricación e tráfico de influencias "lancen luz" sobre a trama.

"É importante que deixemos traballar os investigadores neste momento para que poidan lanzar luz sobre calquera posible fraude con fondos europeos no caso que estamos a discutir hoxe", dixo nun debate no pleno do Parlamento Europeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade