Publicador de contidos

Publicador de contidos

España cumpre o trámite e clasifícase para a seguinte rolda do mundial

España cumpre o trámite e clasifícase para a seguinte rolda do mundial

Segunda vitoria da fase de grupos, desta volta contra O Xapón (39-20)

O galego Carlos Álvarez marcou cinco goles no partido

G24.gal 18/01/2025 20:43

España clasificouse para a segunda fase do Mundial de balonmán tras vencer O Xapón 39-20. Foi unha vitoria sen historia, con dominio do equipo español que ó descanso xa mandaba 20-11.

O pontevedrés Carlos Álvarez foi o terceiro máximo goleador do encontro, con cinco tantos. España suma así a súa segunda vitoria en dous partidos, logo de superar a Chile.

O luns, no último encontro da fase de grupos, a selección española vaise medir con Suecia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade